Friday 03 de May de 2024

Excursión a Santo Andrés de Teixido e ao monte de San Pedro


Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais que se imparte no Mesón do Vento están que non paran. Aproveitando as boas condicións meteorolóxicas rexistradas nos últimos días saíron de excursión a Santo Andrés de Teixido e á zona do monte de San Pedro, na cidade da Coruña. Almorzos e merendas, visitas a monumentos e edificacións, xogos en grupo etc. O certo é que nestas xornadas, e grazas aos monitores que os acompañan, dálles tempo para moito.